A trigonometría é a rama das matemáticas que estuda as relacións entre os lados e os ángulos dos triángulos. Etimolóxicamente significa "medida de triángulos".
As primeiras aplicacións da trigonometría fixéronse nos campos da navegación,a xeodesia (ciencia matemática que determina a forma e as dimensións da Terra), e a astronomía,nos que principalmente o problema era determinar unha distancia inaccesible,é dicir,unha distancia que non podía ser medida de forma directa (por exemplo,a distancia entre a Terra e a Lúa).
Encóntranse notables aplicacións das funcións trigonometrícas na física e en case tódalas ramas da inxeñería,sobre todo no estudo de fenómenos periódicos (por exemplo,no fluxo da corrente alterna).
Hoxe,día 21 de abril,inauguro este blog. Despois de darlle moitas voltas a cal sería a miña primeira entrada,decanteime por algunhas das aplicacións da trigonometría,xa que foi o que recentemente dimos en clase,e non lle atopaba utilidade ningunha. Pero aquí tedes uns cantos usos das funcións trigonométricas.
Espero poder ter actualizado a miúdo este blog,e que as miñas entradas sexan do voso agrado. Procurarei subir xogos,vídeos,e algunha outra cousiña interesante sobre as matemáticas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Creo que son a primera que firma neste blogger...ainda que non estou moi segura.
firmoche desde a clase de matemáticas
un bico
Noraboa polo teu blog.
Tamén podes colaborar con calquer cousa de música no voso blog de 4º, agora que xa tes conta de gmail.
XD
A seguir cos blogs!
Pois eu tamen me paso por aqui..... deeus trigonometria que recordos.xD.Pois ao final hasta teñen utilidade e todo!
Abur!
Publicar un comentario