domingo, 11 de mayo de 2008

O número áureo e algunas aplicacións

O número áureo (ou de ouro),número dourado,sección áurea,razón áurea,razón dourada,media áurea,proporción áurea e divina proporción,representado pola letra grega φ (fi) (en honra ao escultor grego Fidias),é o número irracional:

Trátase dun número que posúe moitas propiedades interesantes e que foi descuberto na antigüidade,como relación ou proporción. Esta proporción atópase tanto nalgunhas figuras xeométricas como na natureza,en elementos tales como caracolas,nervaduras das follas dalgunhas árbores,o grosor das ramas... etc.
Asi mesmo,atribúeselle un carácter estético especial aos obxectos que seguén a razón áurea,así como unha importancia mística. Ao longo da historia,atribuíuselle importancia en diversas obras de arquitectura e outras artes.

Aplicacións do número aúreo na natureza,na relixión e no arte.
~ A relación entre a cantidade de abellas macho e femia nun panal.
~ A relación entre a distancia entre as espiras do interior espiralado de calqueira caracol
~ A relación entre os lados dun pentáculo.
~ A relación entre os lados dun pentágono.
~ Disposición dos pétalos das flores.
~ Distancia entre os espirais dunha piña.
~ A relación entre a altura dun ser humano e a altura do seu embigo.
~ A relación entre a distancia do hombro aos dedos e do cóbado aos dedos.
~ A relación entre a altura da cadeira e a altura do xeonllo.
~ A relación entre o primeiro óso dos dedos (metacarpiano) e a primeira falanxe,ou entre a primeira e a segunda,ou entre a segunda e a terceira,se dividimos todo,é phi.
~ A relación entre o diámetro da boca e o da nariz.
~ A coroa de espiñas levada por Xesucristo,créese que as espiñas se presentan en forma de espiral logarítmico.
~ Nos violíns,a ubicación das efes (ou oídos),relaciónase co número áureo.
~ O número áureo aparece nas relacións entre altura e ancho dos obxectos e persoas que aparecen nas obras de Miguel Anxo,durero e Da Vinci (entre outros).
~ As relacións entre articulacións do home do Vitruvio.



Despois dun tempo sen subir,aquí vos deixo algunhas apliacións do número áureo que me pareceron curiosas. Se queredes saber máis.. http://es.wikipedia.org/wiki/N%C3%BAmero_%C3%A1ureo

Espero volver a actualizar pronto,aínda que cos exames,non prometo nada..

¡Saúdos!

3 comentarios:

antia92 dijo...

Ola!Moi interesante a túa entrada:)Non sabía que o número áureo tiña tamén algunha relación coa relixión, coma o da coroa.
Volvereime pasar,
saúdos

Laura dijo...

Moi interesante esta entrada
un bico bea

Koré dijo...

O número aureo fascínanos a todos penso, moi interesante a entrada! buf que tardonas somos en subir^^
bicos