domingo, 15 de junio de 2008

1ª páxina web

Aproveito que teño un oco entre tanto exame,para subir a 1ª páxina web,aínda que cun pouco de demora,pero a intención é o que conta..

A dirección é esta:

http://personal5.iddeo.es/ztt/index.htm

O título da páxina é: 2pi-Math.

Ten resumos,fórmulas,gráficas,exercicios,problemas.. Creo está máis orientada cara ao bacharelato que cara a ESO,xa que tamén fala de matrices,probabilidade e estadística.. Pero escollina porque pareceume de gran axuda para o que estamos dando actualmente na clase,o estudo das funcións (descontinuidade,asíntotas,periodicidade,simetrías..). Tamén ten algún apartado de inecuacións e de ecuacións lineais que pode servir de axuda ;)


Nestes dous días intentarei subir as outras dúas páxinas,e intentarei que as miñas entradas non sexan tan cutres como esta.. Pero as matemáticas espéranme.

Mañá ás 16.00 teño o último exame de Matemáticas deste curso (¡por fin!). A verdade é que as matemáticas nunca me gustaron,nin se me diron ben,pero penso que ás veces habíalle que poñer un pouco máis de ganas das que eu lle poñía á hora de estudar... Pero bueno,habrá que poñerlle máis ganas no próximo curso,xa que non podo deixar ás miñas queridas "amigas matemáticas" de lado,xa que me faran falla nun futuro...

Desexademe sorte.. creo que a necesitarei :S

Saúdos!

No hay comentarios: